Orella de porco salgada

A orella de porco salgada é un indispensable dos pratos tradicionais. Achega un extra de sabor a guisos e cocidos. Como tapa, con aceite e pemento é todo un clásico e un éxito asegurado.

 

Véndese en envase de 2 quilos aprox.

9.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

A orella de porco salgada é un produto fantástico para realizar os teus pratos máis tradicionais como o cocido galego ou os guisos da avoa, ademais de ser un excelente acompañante para legumes e verduras. Tamén é ideal para cocer e condimentar con aceite de oliva virxe extra, pemento (doce ou picante) e sal – como o polbo á feira -; estará deliciosa.

Tódolos nosos produtos cárnicos son 100% naturais. Neste caso, a orella de porco sométese a un proceso de salgadura, seguindo o método tradicional, co fin de recuperar o sabor xenuíno da gastronomía galega. O primeiro reto é a selección que facemos da mellor carne porcina para poder ofrecerche sempre a mellor calidade: a calidade Fontefría.

 

Características organolépticas:

A orella de porco salgada presenta unha cor característica da súa especie, mantendo a súa frescura. A textura é tersa e sen ser pegañenta. E en canto ao sabor e ao cheiro, poderás apreciar un toque á salgadura, a priori e un sabor intenso.

 

Ingredientes:

Orella de porco, sal común (antiaglomerante E536). A orella de porco salgada que atopas na nosa carnicería online non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Recomendacións de preparación:

Este produto está destinado a ser consumido unha vez cociñado, nunca en cru. Lembra desalgalo polo menos durante 8 horas antes do seu consumo para eliminar o exceso de sal.

A orella de porco é fantástica para preparar pratos tradicionais. O prato galego máis típico para tomar, sobre todo en época de frío, consiste en cocela e cortala finiña e servila con aceite e pemento, e se é un pouquiño picante mellor. Como tapa, é un clásico. O tempo de cociñado é rápido: se usas unha pota a presión, só necesitarás 15 minutos. Se non, con media hora chegaría.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 1.5 kg
Conservación

Conservar en lugar fresco e seco

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

210,87kcal-883,54kj

Graxa Bruta

11,70g/100g

Ácidos graxos saturados

1,62g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,1/100g

Azucres totais

<0,1gr/100g

Proteína bruta

26,4g/100g

Sal (a partir de sodio)

15,17g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto