Cárnicas Fontefría, o gusto polo artesán

15 · 12 · 2020

A carne de porco é a máis consumida en Galicia. Este dato só enténdese se botamos a vista atrás e vemos a tradición que había, e hai, na nosa comunidade. Esa tradición é a que mantemos en Cárnicas Fontefría. Damos fe do gusto polo saber facer dos nosos antepasados e de manter os sistemas artesáns de elaboración.

Este animal ten unha vinculación histórica con galegos e galegas. Tanto dos que viven nalgunha das cidade ou pobos máis remotos como aquelas persoas que emigraron. Se preguntamos aos nosos familiares máis maiores contarannos moitas historias acerca de como vivían e todas terán un nexo común: o porco. Este animal alimentaba a toda a familia e deste comíase todo, non se desaproveitaba nada. De aí o devandito:

Do porco aprovéitase todo, ata os andares.

Encántanos este refrán en Cárnicas Fontefría. Confirma a estreita relación que ten o porco e a súa carne coa cultura gastronómica. Só hai que ver a variedade de produtos que podes atopar no mercado para darche de conta que así é. Cada peza ou parte do porco que se extrae faise algo. Xa sexa para consumo, ou ben como ingrediente doutros elaborados.

Xamón, lacón, cachucha, touciño entrefebrado, manitas, orella, morro, ou elaborados como chourizos, salchichóns, chourizo ceboleiros, androllas, botelos. Esta lista aumenta se falamos doutros produtos que teñen na actualidade un consumo estandarizado, pero que son máis recentes. Como o lombo curado, a morcilla, o chourizo criollo, ou mesmo elaborados como a zorza, raxo ou lombo adobado. Ademais, existe o unto, o touciño ou as patas, que non se consomen como alimento. Pero son usados para a elaboración de receitas tradicionais como o cocido ou o caldo galego ou os callos.

En Cárnicas Fontefría mantemos a tradición herdada dos grandes artesáns galegos do porco. O proceso comeza xa na selección dos mellores exemplares para que, ao chegar o momento, podamos obter os produtos porcinos coa calidade que necesitamos para manter os nosos estándares. A oferta de carne de porco, embutidos e derivados porcinos que podes atopar baixo o selo de calidade Fontefría garantirá o bo facer respectando os procesos.

Últimas entradas publicadas

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.