Cárnicas Fontefría
Industrias Cárnicas Fontefría S.L. é unha empresa fundada no ano 1988 por Sr. Espiñeira dedicada á elaboración de produtos cárnicos. Contamos cunhas instalacións de 3.000 m2 cos que garantir a solidez necesaria para prover a todos os nosos clientes cun aprovisionamento de carne da mellor calidade.
Fontefría asume a responsabilidade de poñer os medios tecnolóxicos máis avanzados para garantir que cada un dos produtos mantense nas condicións hixiénicas e sanitarias máis adecuadas.
Todos os procesos de produción seguen rigorosamente as normativas vixentes, coa realización de controis e análises de forma regular. Garantindo, desta maneira, a máxima calidade de todos os nosos produtos.
A combinación de tradición e innovación e un equipo humano altamente cualificado dá como resultado uns produtos de recoñecido prestixio no mercado polos altos estándares de calidade e de satisfacción que proporcionan a todos os nosos clientes.
Gusto polo artesán
En Industrias Cárnicas Fontefría cremos que o avance tecnolóxico é un complemento, nunca un substituto, dos métodos tradicionais de elaboración. Grazas á unión entre tradición e tecnoloxía conseguimos dar a cada produto ese sabor auténtico que nos identifica.
Industria cárnica galega
A actividade de Industrias Cárnicas Fontefría céntrase no sector porcino. Elaboramos e comercializamos despois, a práctica totalidade dos seus derivados.
Aínda que a empresa nun momento inicial estendía a súa actividade principal nos sectores dos conxelados e salgaduras, pronto evolucionou cara a unha gama máis extensa de formatos.
Esta nova gama centrouse, por unha banda, nos produtos frescos refrixerados, para atender un mercado case diario sobre todo das áreas metropolitanas de Vigo e Ourense, e por outra, nos produtos elaborados, basicamente os curados.
Desta forma poténciase a produción de produtos que poderiamos considerar tradicionais da dieta galega: xamón, lacón, touciño entrefebrado e chourizos, xunto a outros, alleos á gastronomía galega, que adquiren unha forte presenza nos nosos mercados desde a pasada década. Trátase de produtos como o friame de lombo adobado semicocido, o “ bacon” semicocido, o chourizo crioulo, etc.
Podes atopalos todos na nosa tenda.