FAQ

Información

Necesito máis información, como podo contactarvos?

Tes información de cada un dos nosos produtos na ficha de cada un deles. Se necesitas algunha información extra, escríbenos a pedidos@fontefria.com

Teño dúbidas, como podo solucionalas?

Se tes dúbidas recomendámosche que leas as preguntas frecuentes que preparamos. Se non atopas a resposta á túa dúbida, escríbenos un email a pedidos@fontefria.com

Non sei como comprar, por onde empezo?

O primeiro que tes facer é entrar na nosa tenda online e ver os nosos produtos. Unha vez saibas que queres comprar, engade os produtos ao carriño. Unha vez téñas todo o que queres comprar, confirma o pedido, cubre os datos que se che piden, selecciona método de pago, fai o pago e espera a que che chegue a casa.

Produtos

De onde proceden os produtos de Fontefría?

Seleccionamos os mellores exemplares de porco da Península e elaboramos tódolos nosos produtos, combinando a tradición e a técnica máis avanzada para garantir os máis altos estándares de calidade

Que pasa se na data desexada non hai o produto que eu quero?

Pode que exista algún desaxuste entre a cantidade de produtos que temos na tenda online e a cantidade real que existe nas nosas instalacións. Se fixeches un pedido e non dispoñemos da cantidade suficiente poñerémonos en contacto contigo para darche unha solución.

Non sei como preparar os produtos, onde podo informarme?
Poderás atopar receitas na nosa páxina web ou redes sociais.
Como conservo os produtos de Fontefría?
Os produtos que compras na nosa tenda online van en transporte refrixerado. Con todo, para a súa correcta conservación deberán gardarse entre 4º-8º os produtos salgados, en lugar fresco e seco os elaborados e curados.
Podo reciclar os envases de envío?

Si. As bandexas de poliespán (cortiza branca) son reciclables e reutilizables 100 %. As bandexas de plástico tamén se reciclan. Ambas se depositan no colector amarelo.
As caixas de cartón depositaríanse no colector azul.

Prezos

Poden sufrir cambios de prezos os produtos na web?

Si, poden sufrir cambios os prezos. Poida que incrementen ou descendan dependendo de campañas puntuais ou prezos de mercado. No momento que fagas unha compra, sempre che manteremos o prezo ata que finalices o proceso de compra.

Podo facer cancelacións para gozar de descontos/promocións?
Unha vez que realices unha compra, manteranse as condicións de compra e venda establecidas. Se despois de realizar unha compra desde Fontefría facemos unha campaña de desconto, terás que facer un novo pedido.

Pedidos

Podo realizar pedidos por teléfono ou email?

O ideal é que realices os pedidos vía web para que accedas en todo momento á información de compra e envío.

Como sei se realicei o pedido correctamente?
Debes entrar a túa área e ver o pedido. Ademais, unha vez realices a compra, enviarémosche un email de confirmación.
Podo realizar cambios no meu pedido unha vez pagado?

Se necesitas facer modificacións no teu pedido despois de telo pago, ponte en contacto connosco. Se o pedido aínda non saíu do almacén, non pasará nada.

Podo cancelar un pedido?

Si, podes cancelar un pedido. Sempre que o pedido non saise das nosas instalacións. Unha vez que saíse cara o teu domicilio, terás que solicitar a devolución.

Pode Fontefría cancelar o meu pedido?

Desde Fontefría só cancelaremos un pedido por causas externas e sempre avisándo con antelación.

Que pasa se o meu pedido non chega no tempo estimado?

Se o teu pedido non chega no tempo estimado, debes poñerte en contacto coa empresa de transporte, así como con Fontefría para poñela en coñecemento do sucedido e poder darche unha solución.

Podo comprar para outra persoa?
Si, terás que engadir os seus datos e dirección para o seu envío.
Como se prepara o meu pedido?
O teu pedido prepárase con todo o agarimo e esmero para que recibas o noso produto de maneira práctica e cómoda para ti.

Pago

Que métodos de pago están dispoñibles?

Para a compra de Fontefría poderás pagar con tarxeta de crédito,VISA, Master Card…

É seguro o pago por internet?
Si, o pago é seguro. Lévase a cabo a través dunha aplicación externa a Fontefría que garante a seguridade dos datos e a confidencialidade.
Cando se cobra o pedido?

O pedido cárgase na tarxeta facilitada durante o proceso de compra unha vez realizada.

Podo cancelar un pago?

Sempre que teña xustificación, podes cancelar un pago. Para iso terás que poñer unha queixa/reclamación sobre o produto unha vez que recibas o pedido

Envío

Canto tempo tarda desde que fago o pedido ata que se envía?
O envío tarda en chegar entre 2-5 días.
Con que empresa realizades o envío?
O envío realízase con Integra2, REFRIGERA2 LOGISTICA VIGO, S.L
Facedes envío refrixerado?

Si, para que o produto non sufra alteracións organolépticas e o poidas recibir nas mellores condicións.

Cal é o prezo do envío?

España peninsular (IVE incluido):

  • De 1kg. a 10kg: 10€
  • De 10kg. a 20kg: 14€
  • De 20kg. a 30kg: 21€
  • De 30kg. a 50kg: 29€
  • + De 50kg: 48€

Portugal peninsular (IVE incluido):

  • De 1kg. a 10kg: 14€
  • De 10kg. a 20kg: 18€
  • De 20kg. a 30kg: 24€
  • De 30kg. a 50kg: 37€
  • + De 50kg: 54€
Facedes envíos para agasallo?
Si, nas notas de envío acláranos que é para regalar e terémolo en conta para preparar o paquete e non engadir a factura.
Podo realizar un pedido con outra/s persoa/s?

Si, pero o envío só farase a un só domicilio. Se queredes que o produto chegue a distintos domicilios teredes que facer a compra para cada persoa de maneira individual.

Cales son os prazos de entrega?

O pedido entrégase nun período de entre 2-5 días

Que pasa se non estou na casa cando a empresa para a facer a entrega?

A empresa de transportes porase en contacto contigo para saber que facer.

Podo facer un cambio de domicilio de envío unha vez o pedido saíse das instalacións de Fontefría?
Non, unha vez saíse das nosas instalacións o pedido xa está en mans da empresa transportadora polo que non se poden realizar modificacións de entrega.
Se non estou na casa, poden deixar o envío noutro sitio?

Se non podes estar na casa e desexas deixar o pedido noutro sitio, debes poñerte en contacto coa empresa de entrega.

Devolucións

Permítense devolucións?

Si, sempre que o produto non esté nas condicións adecuadas.

En que casos podo devolver un produto?
As devolucións están dispoñibles para produtos que chegan en mal estado.
Como teño que tramitar unha devolución?

Para tramitar unha devolución debes poñerte en contacto connosco e darémosche as indicacións.

Quen asume o custo de devolución?

O custo de devolución se é por causas de estado ou defectuoso, asúmeos Fontefría. En cambio, se é porque o pedido foi un erro do comprador, Fontefría non se fai cargo.

Cando se realizan as devolucións económicas?

Unha vez realizada a devolución e recibimos os produtos, faremos a devolución económica

Facturas

Enviades a factura co pedido?
Si, envíase factura en formato papel co pedido.
Gustaríame solicitar cambios na miña factura, é posible?

Para facer cambios de facturación debes poñerte en contacto connosco.

A miña conta

Non lembro o meu contrasinal, que podo facer?

Clica encima de ‘cambiar contrasinal’.

Como cambio o meu contrasinal?
Na zona de ‘cambiar contrasinal’. Recibirás instrucións ao email para o cambio.
Como se xestionan os meus datos persoais?

Os teus datos persoais xestiónanse respectando a normativa vixente. Podes acceder a toda a información sobre a nosa política de privacidade na seguinte ligazón.

Como solicito a eliminación dos meus datos persoais?

Podes enviar unha comunicación por escrito ao noso domicilio social, ou ao correo electrónico habilitado para ese efecto, fontefria@fontefria.com, incluíndo en ambos os casos fotocopia do seu DNI ou outro documento de identificación equivalente.

Contacto

Como podo poñerme en contacto convosco?

Podes contactarnos mediante teléfono (986 65 02 62), email (fontefria@fontefria.com), ou a través das nosas redes sociais.

Reclamacións/incidencias

Que fago se necesito reclamar un produto ou envío?

Ponte en contacto connosco.