Cárnicas Fontefría
Calidade FontefríaDesde 1988
Curados
Salgados
Elaborados
Os productos
En Cárnicas Fontefría seleccionamos a mellor carne de porco e elaboramos todos os nosos produtos conxugando os métodos tradicionais coa tecnoloxía máis avanzada para garantir a máxima calidade. Podes comprar carne de porco online en caixa, envasada ao baleiro, bolsa ou bandexa de atmosfera modificada para aumentar a súa conservación. A versatilidade da carne do porco ponse de manifesto na nosa ampla gama de produtos.
Tan naturais como recentemente despezados
Seleccionamos a mellor carne de porco e os mellores ingredientes, e elaboramos todos os nosos produtos conxugando a tradición herdada dos grandes artesáns galegos xunto cos medios que a técnica máis avanzada nos proporciona, para garantir os estándares máis altos de calidade.
Esa sensibilidade e bo facer poñémolo de manifesto en cada un dos nosos produtos. Por iso, en cada chourizo, lacón, xamón e en cada salgado que elaboramos nas nosas instalacións, pódese degustar o sabor tradicional e o selo de calidade Fontefría.
Filosofía
Cárnicas Fontefría é sinónimo de tradición e calidade. Estamos firmemente convencidos de que o avance tecnolóxico é un complemento, e non un substituto, dos métodos tradicionais de elaboración.
Grazas á mellora continua das nosas instalacións, a incorporación de novas tecnoloxías, un equipo humano altamente cualificado e o respecto polo bo saber facer das xeracións anteriores, conseguimos dar a cada produto ese sabor auténtico que nos identifica.