SKU: 5065 Categorías: , Etiquetas: , ,

Cacheira de porco curada metade

A cacheira de porco curada é un indispensable no cocido galego. A estrela nos pratos de matanza e Entroido. Podes atopar ata catro sabores diferentes, segundo vas degustando a zona da orella, o morro, o tímpano e a papada. Todo un manxar co selo de calidade de Industrias Cárnicas Fontefría.

Véndese en envase de 3,3 quilos aprox.

8.80 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

A cacheira de porco é un indispensable na gastronomía galega. Sobre todo cando falamos dun bo cocido galego.

Ao igual que tódolos nosos produtos cárnicos, é 100% natural. Neste caso, a cacheira de porco sométese a un proceso de curación na nosa adega. Respectamos o proceso tradicional adquirido dos nosos avós, co fin de poder ofrecer un produto da mellor calidade e mantendo o auténtico sabor de outrora.

Podes comprar media cacheira de porco curada na nosa tenda online, con total seguridade e sempre baixo o selo de calidade de Industrias Cárnicas Fontefría.

 

Características organolépticas:

A cor, o cheiro e a textura da cacheira de porco curada son os característicos deste produto. Segundo a vas degustando a orella, o morro, o tímpano e a papada, podes atopar ata catro sabores diferentes.

 

Ingredientes:

Careta de cerdo, sal común (antiaglomerante E536).

A cacheira de porco curada que atopas na nosa carnicería online non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Recomendacións de preparación:

Á hora de cociñar este produto, o máis normal é sometelo a cocción.

A cacheira de porco é un indispensable no cocido galego. A estrela nos pratos de matanza e Entroido. Podes atopar ata catro sabores diferentes, segundo vas degustando a zona da orella, o morro, o tímpano e a papada. Un manxar.

O habitual é partir a cacheira en 4 ou 8 anacos e deixala a remollo 24 horas; para a continuación lavala moi ben lavada.
Cando bote a ferver a auga, hai que mergullar a cacheira e deixar que ferva outra vez. Logo, retírase a auga, ponse auga limpa e vólvese a poñer ao lume. O mellor é ir controlando o punto de cocción pois dar un tempo exacto é difícil.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 2 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

272,79 kcal – 1142,99 kj/100g

Proteína bruta

23,93g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,1g/100g

Graxa Bruta

19,68g/100g

Ácidos graxos saturados

2,83g/100g

Azucres totais

<0,1gr/100g

Sal (a partir de sodio)

13,81g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto