Lacón troceado ao baleiro

Se buscas comprar lacón troceado de calidade, telo na nosa carnicería online de Cárnicas Fontefría. Elaborado artesanalmente co selo de calidade Fontefría. Levámoscho á casa con total seguridade. Unha boa opción se non queres mercar un lacón enteiro.

 

Véndese en envase de 0,5 quilos aprox.

3.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

En Cárnicas Fontefría elaboramos este lacón troceado ao baleiro pensando naqueles consumidores que non precisan mercar un lacón enteiro. Este produto mantén os mesmos estándares de calidade Fontefría.

Ao lacón troceado ao baleiro aplícaselle o mesmo procedemento que ao lacón curado enteiro. A diferenza é que, tralo proceso de curación, a peza enteira córtase en anacos, os cales envasamos ao baleiro. Un detalle pensado para adaptar o produto ás necesidades de cociñado en cada momento.

Gracias ao sistema de elaboración que seguimos, mantemos o sabor tradicional deste produto con arraigo na gastronomía galega. Buscamos ofrecer un produto artesanal 100%. Respectamos a herdanza dos nosos antecesores, tanto na maneira de facer como na de curar e conservar cada peza. Polo que obtemos un alimento curado cunha fácil conservación, xa sexa en refrixeración ou non. Recomendamos que, no caso de gardar en interior de mobles ou estantes, sexa o máis lonxe posible dunha fonte de calor e iluminación directa, a poder ser con ventilación.

 

Ingredientes:

Lacón de porco, sal, destroxa, ascorbato de sodio (E-316), nitrato de potasio (E-252), nitrato de sodio (E-250) e antiaglomerante (E-504).

Podes comprar para consumo o noso lacón troceado ao baleiro de porco na nosa carnicería online con toda seguridade. Non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Características organolépticas:

Cando recibas o lacón troceado, por mor da aplicación do sistema de baleiro, verás incrementada a cor e a textura. Mais no momento en que abras o paquete, o lacón recuperará a súa consistencia normal, a cal será dun aspecto limpo, resultando firme ao tacto. A graxa será consistente e terá unha cor branca, o que contribuirá a darlle un agradable aroma e sabor. A súa masa magra é rosada, de aroma suave e lixeiramente salgada.

 

Recomendacións de consumo:

Para o seu consumo, recoméndase cociñalo. Previamente, pode necesitar un proceso de desalgado: o mesmo levarase a cabo nun recipiente que che permita cubrir a peza con auga. Ao ser unha anaco máis reducido, o tempo será menor que para o lacón enteiro.

Dado o tamaño deste produto, recoméndase empregar para cocer. Como, por exemplo, para un lacón con grelos ou un caldo ou cocido. Recorda que podes mercar a peza enteira na nosa carnicería online.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 0.4 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

181kcal-758kj/100g

Graxa Bruta

8,4g/100g

Ácidos graxos saturados

3g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

1,1g/100g

Azucres totais

<1g/100g

Proteína bruta

25.30g/100g

Sal (a partir de sodio)

8,02g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto