Lingua de porco salgada

A lingua de porco salgada que ofrecemos en Cárnicas Fontefría obtense de porcos brancos seleccionados. Sométese a un proceso de salgadura e de conservación tradicional, baixo os estándares de calidade Fontefría.

E un produto moi versátil xa que pódese cociñar de moitas maneiras, estofada, rebozada, en salsa… Esta carne é baixa en graxas, magra e á vez moi zumarenta. É moi tenra e se preparas unha boa salsa, vas chupar os dedos!!

 

Véndese en envase de 1,5 quilos aprox.

7.70 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

A lingua de porco, pódese cociñar de moitas maneiras, estofada, en salsa…esta carne é baixa en graxas, é unha carne magra e á vez moi zumarenta. É moi tenra e se preparas unha boa salsa, vas chupar os dedos!!

En Cárnicas Fontefría vendemos a nosa lingua de porco salgada en bandexas de 1,5Kg aproximadamente, envasadas ao vacio, co que garantimos a conservación durante máis tempo e nas mellores condicións do alimento. O selo de calidade Fontefría e garantía de confianza.

Características organolépticas:

É un produto salgado, aínda que sen exceso de sal. Non presenta cortes anómalos nin zonas hemorráxicas, coa consistencia firme e característica do produto. No que respecta ao seu cheiro e sabor, presenta as característica do produto: deliciosa e moi zumarenta.

Ingredientes

Lingua de porco, sal (antiaglomerante E536).

Podes comprar lingua de porco salgada na nosa carnicería online con total seguridade. Non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

Recomendaciones de preparación:

A lingua de porco salgada é un ingrediente que, a priori, adoita rexeitarse polo seu descoñecemento na facilidade e versatilidade á hora de cociñala. É fantástica para realizar estofados en salsa de tomate ou rebozala. Tamén adoita comerse cocida e aderezada con con aceite e pemento – á galega -, como a orella ou o morro. Antes de consumir a lingua de porco, debes desalgala.

Lembra que debes cociñala antes, non é un produto que se deba comer en cru.

Recomendámosche que lle botes unha ollada tamén á orella de porco e o pezuño de porco na nosa tenda online.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sá e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 1.5 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

206,36kcal-864,65kj/100g

Graxa Bruta

15,51g/100g

Ácidos graxos saturados

2,27g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,1g/100g

Azucres totais

<0,1gr/100g

Proteína bruta

16,7g/100g

Sal (a partir de sodio)

10,01g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto