Morro de porco salgado

O morro de porco galego salgado que  ofrecemos en Cárnicas Fontefría está sen óso e cortado aproximadamente a 10 cm. Elabórase con porcos seleccionados e criados en Galicia. Sométese a salgadura, un proceso de conservación tradicional que seguimos mantendo e respectando.

 

Véndese en envase de 2 quilos aprox.

7.50 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

Podes comprar morro de porco salgado sen óso, Coma o resto dos produtos que atopas na nosa carnicería online, cumpre os nosos estándares de calidade Fontefría.

Sometemos as pezas a un proceso de salgadura e de repouso. Mantemos as maneiras tradicionais, respectando os tempos precisos en cada fase  para obter un alimento de calidade que manteña o sabor tradicional. Iso si, incorporando as normativas vixentes de seguridade e hixiene.

Se buscas outros produtos cárnicos para completar a túa compra, tes na nosa carnicería online unha selección de curados e elaborados porcinos.

 

Características organolépticas

O morro de porco salgado presenta unhas características organolépticas características. É un produto cartilaxinoso. Iso vaise apreciar na súa consistencia á hora de consumilo. Polo resto, presenta unha cor e un sabor cartacterístico do produto.

 

Ingredientes:

Morro de porco fresco, sal común e antiaglomerante (E536).

O morro de porco salgado que atopas na nosa tenda online non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Recomendacións de preparación:

O nosos morro de porco salgado é fantástico para realizar os teus pratos máis tradicionais como cocido galego ou pucheiros. É tamén ideal para cocer e consumir con aceite e pemento – á galega -. Antes de consumilo, debes desalgalo polo menos durante 8 horas. Logo, débese consumir inmediatamente, cociñado sempre.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 1.5 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

336.49Kcal-1489.89kj/100g

Graxa Bruta

29,77g/100g

Ácidos graxos saturados

4,09g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,1/100g

Azucres totais

<0,1gr/100g

Proteína bruta

17,14g/100g

Sal (a partir de sodio)

14,29g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto