Panceta de porco troceado

Podemos atopala moitas veces co nome de bacon, pero no noso país chamámoslle panceta de porco á carne entreverada da zona do ventre do porco.  Tamén se lle chama touciño entrefebrado de porco. Só con velo distinguimos as dúas partes que compoñen este produto: a pel e o touciño.

Neste formato estás a mercar panceta de porco troceado, para non levar a peza enteira. Está envasada ao baleiro.

 

Véndese en envase de 0,5 quilos aprox.

7.50 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

A nosa panceta de porco troceado elabórase baixo os estándares de calidade Fontefría, seguindo a receita tradicional herdada dos nosos antecesores.

É un produto cárnico porcino que provén de porcos seleccionados e que salgamos respectando os tempos e sistemas de outrora. Despois da salgadura e o secado, aplícaselle o sistema de conservación ao baleiro para que non perda as súas características organolépticas e poidas consumila sempre con seguridade.

Se buscas outros produtos cárnicos para completar a túa compra, tes unha ampla selección á túa disposición na nosa tenda online.

Ingredientes:

Panceta de porco troceado con costela, sal, destroxa, ascorbato de sodio E316, nitrato de potasio E-252, nitrito de sodio E250, antiaglomerante E504.

Na nosa tenda online atopas o noso touciño entrefebrado de porco galego branco con costela envasada ao baleiro. Non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Recomendacións de preparación:

Na gastronomía galega este produto está presente en multitude de pratos de culler, como o cocido, o caldo ou os callos. É unha carne moi suculenta que engade moito sabor ás elaboracións xa que, está composto nun 85 ó 90% de graxa e só un 10 ó 15% de magro, polo que é un condimento contundente.

Popularizouse o seu consumo tamén no verán, asándose á grella e acompañando ao resto de carnes do churrasco. Tamén como ingrediente de receitas nacionais e internacionais como os torriscos ou a pasta carbonara.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 0.5 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

541 kcal – 2265 kj/100g

Graxa Bruta

52,5g/100g

Ácidos graxos saturados

19,43g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

1,4g/100g

Azucres totais

<0,5g/100g

Proteína bruta

15,8g/100g

Sal (a partir de sodio)

6,44g/100g

Consumo

Cru ou cocido