Rabo de porco salgado

O rabo de porco é a parte apéndice da columna vertebral formado polas vértebras caudais que sobresae no extremo do tronco. Na nosa carnicería online podes comprar rabo de porco salgado, sometido a un proceso de conservación tradicional que mantemos en Cárnicas Fontefría: a salgadura.

 

Véndese en envase de 2 quilos aprox.

8.80 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

O rabo de porco salgado é un produto que ten un arraigo na cultura gastronómica galega. Con el elabóranse os pratos máis tradicionais como o cocido galego ou os guisos da avoa, ademais de ser un excelente acompañante para legumes e verduras. Tamén é común consumilo cocido e aliñado tan só con aceite de oliva virxe extra, pemento (doce ou picante) e sal – como o polbo á feira-.

Tódolos nosos produtos cárnicos son 100% naturais. Neste caso, sométese ao rabo de porco, unha vez limpo, a un proceso de salgadura, seguindo o método tradicional. Desta maneira o que procuramos é recuperar o sabor xenuíno da gastronomía galega. O primeiro reto ao que nos afrontamos é á selección que facemos da mellor carne porcina para poder ofrecerche sempre a mellor calidade: a calidade Fontefría.

 

Características organolépticas

O rabo de porco salgado presenta unhas características organolépticas características. É un produto cartilaxinoso. Iso vaise apreciar na súa consistencia á hora de consumilo. Polo resto, presenta unha cor e un sabor cartacterístico do produto.

 

Ingredientes:

Rabo de porco, sal común (antiaglomerante E536). O rabo de porco salgado que atopas na nosa carnicería online non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Recomendacións de preparación:

Este produto está destinado a ser consumido unha vez cociñado, nunca en cru. Lembra desalgalo antes do seu consumo para eliminar o exceso de sal.

O rabo de porco é un alimento que non pode fallar para preparar pratos tradicionais, tanto dentro da gastronomía galega, como na peninsular. É un produto presente en pratos de Asturias e Castela. O prato galego máis típico para tomar, sobre todo en época de frío, consiste en cocela e cortala finiña e servila con aceite e pemento, e se é un pouquiño picante mellor. Como tapa, é un clásico. O tempo de cociñado é rápido: se usas unha pota presión, só necesitarás 15 minutos. Se non, con media hora chegaría.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 1.5 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

357,62 kcal-1498,43 kj/100g

Graxa Bruta

33,2g/100g

Ácidos graxos saturados

5,62g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,1g/100g

Azucres totais

<0,1gr/100g

Proteína bruta

14,71g/100g

Sal (a partir de sodio)

17,14g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto