Xamón + 5 meses

O noso xamón de + de 5 meses procede das pernas traseiras de porcos brancos seleccionados. Curamos cada peza coidadosamente na nosa propia adega, mantendo o saber facer das xeracións anteriores, combinándoo con sistemas de control actuais o que achega á súa carne un gusto suave, de matices simples e lixeiramente salgado, facendo que se perciba no padal toda a súa calidade.

O noso xamón curado de + de 5 meses non contén pata.

 

Véndese en envase de 6,6 quilos aprox.

42.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

O xamón de + de 5 meses Fontefría procede de porcos brancos seleccionados e alimentados a base de cereais e leguminosas o que achega á súa carne un gusto suave, de matices simples e lixeiramente salgado, facendo que se perciba no padal toda a súa calidade.

Curamos cada peza coidadosamente na nosa propia adega e de forma tradicional; e unha vez finalizado o proceso de curación os nosos expertos escollen coidadosamente cada peza, seguindo estritos criterios de selección por textura, conformación e cala.

Se queres gozar dun bo produto, non hai nada como adquirilo na nosa carnicería online especializada. Garantía de calidade. Este xamón de + de 5 meses véndémolo sen pata.

 

Características organolépticas:

A carne deste xamón +5 meses é de cor púrpura-rosada. A súa textura é homoxénea, pouco fibrosa e sen pastosidade nen amolecemento e ten un bo nivel de graxa infiltrada. Poderás gozar dun xamón curado do país cun aroma agradable e cun sabor delicado e pouco salgado.

 

Ingredientes

Ingredientes: Xamón de porco, sal, conservantes (E251 e E-250) e antioxidante (E301).

 

Recomendación de consumo:

Recoméndase consumir no menor tempo posible dende o momento en que se comeza o xamón, para que non seque.

A nosa recomendación para a conservación desta peza é mantela nun lugar fresco e seco. Para un maior goce das propiedades do noso xamón de + de 5 meses, é recomendable consumilo a temperatura ambiente. A zona de corte debe ser protexida con anacos de touciño para continuar o seu consumo noutra ocasión e que non se seque. Se o teu consumo é ocasional, recorda que temos á túa disposición unha ampla gama de xamóns e formatos dispoñibles na nosa tenda online.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 6 kg
Conservación

Conservar en lugar fresco e seco

Sabor

Sabor delicado, pouco salgado

Vida útil

18 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

253 kcal/100g

Proteína bruta

28g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,5g/100g

Graxa Bruta

17g/100g

Ácidos graxos saturados

5,7g/100g

Azucres totais

<0,5g/100g

Sal (a partir de sodio)

3,2g/100g

Consumo

Consumo directamente