Xamón gran reserva sen óso moldeado

O noso xamón gran reserva sen óso moldeado Fontefría é idéntico ao xamón gran reserva, cun aroma agradable e un sabor delicado, pouco salgado. A diferenza é que lle extraemos o óso e moldeámolo, para un consumo máis cómodo.

 

Vendese en envase de 5,5 quilos aprox.

54.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

O xamón gran reserva sen óso moldeado Fontefría procede de porcos brancos seleccionados e alimentados a base de cereais e leguminosas o que achega á súa carne un gusto suave, de matices simples e lixeiramente salgado, facendo que se perciba no padal toda a súa calidade.

Os nosos expertos escollen coidadosamente cada peza, seguindo estritos criterios de selección por textura, conformación e cala.

Se queres gozar dun bo produto, non hai nada como adquirilo na nosa carnicería online especializada. Garantía de calidade. Vendemos estas pezas en metade para unha maior facilidade de consumo.

 

Características organolépticas:

A carne deste xamón gran reserva sen óso moldeado é de cor púrpura-rosada. A súa textura é homoxénea, pouco fibrosa e sen pastosidade nen amolecemento e ten un bo nivel de graxa infiltrada. Poderás gozar dun xamón curado gran reserva cun aroma agradable e cun sabor delicado e pouco salgado.

 

Ingredientes

Ingredientes: Xamón de porco, sal, conservantes (E-251 e E-250) e e antioxidante (E-316).

 

Recomendación de consumo:

Recoméndase consumir no menor tempo posible dende o momento en que se comeza o xamón, para que non seque. Estas metades de xamón gran reserva sen óso moldeado están pensadas para aquelas personas que non consumen xamón a miudo ou para que se consuma nun momento, sen necesidade de gardalo.

A nosa recomendación para a conservación desta peza é mantela nun lugar fresco e seco. Para un maior goce das propiedades do noso xamón gran reserva sin oso moldeado, é recomendable consumilo a temperatura ambiente. A zona de corte debe ser protexida con anacos de touciño para continuar o seu consumo noutra ocasión e que non se seque. Se o teu consumo é ocasional, recorda que temos á túa disposición unha ampla gama de xamóns e formatos dispoñibles na nosa tenda online.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 5 kg
Conservación

Conservar en lugar fresco e seco

Sabor

Sabor delicado, pouco salgado

Vida útil

18 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

283 kcal-1183 kj/100g

Graxa Bruta

17,5g/100g

Ácidos graxos saturados

6,3g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,5g/100g

Azucres totais

<0,5g/100g

Proteína bruta

30,8g/100g

Sal (a partir de sodio)

5,1g/100g

Consumo

Consumo directamente