Xamón reserva

O noso xamón reserva Fontefría procede das pernas traseiras de porcos brancos seleccionados. Curamos cada peza coidadosamente ao longo dun mínimo de 12 meses mantendo o saber facer das xeracións anteriores, combinándoo con sistemas de control actuais o que achega á súa carne un gusto suave, de matices simples e lixeiramente salgado, facendo que se perciba no padal toda a súa calidade.

Podes mercar o noso xamón curado reserva con pata ou sen ela. O sabor e a calidade é a mesma.

 

62.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

O xamón reserva Fontefría procede de porcos brancos seleccionados e alimentados a base de cereais e leguminosas o que achega á súa carne un gusto suave, de matices simples e lixeiramente salgado, facendo que se perciba no padal toda a súa calidade.

Curamos cada peza coidadosamente na nosa propia adega e de forma tradicional; e unha vez finalizado o proceso de curación os nosos expertos escollen coidadosamente cada peza, seguindo estritos criterios de selección por textura, conformación e cala.

Se queres gozar dun bo produto, non hai nada como adquirilo na nosa carnicería online especializada. Garantía de calidade. Podes mercar este xamón reserva con ou sen pata, segundo a túa elección.

 

Características organolépticas:

A carne deste xamón reserva é de cor púrpura-rosada. A súa textura é homoxénea, pouco fibrosa e sen pastosidade nen amolecemento e ten un bo nivel de graxa infiltrada. Poderás gozar dun xamón reserva cun aroma agradable e cun sabor delicado e pouco salgado.

 

Ingredientes

Ingredientes: Xamón de porco, sal, conservantes (E251 e E-250) e antioxidante (E301).

 

Recomendación de consumo:

Recoméndase consumir no menor tempo posible dende o momento en que se comeza o xamón, para que non seque.

A nosa recomendación para a conservación desta peza é mantela nun lugar fresco e seco. Para un maior goce das propiedades do noso xamón reserva, é recomendable consumilo a temperatura ambiente. A zona de corte debe ser protexida con anacos de touciño para continuar o seu consumo noutra ocasión e que non se seque. Se o teu consumo é ocasional, recorda que temos á túa disposición unha ampla gama de xamóns e formatos dispoñibles na nosa tenda online.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 7-8.2 kg
Conservación

Conservar en lugar fresco e seco

Sabor

Sabor delicado, pouco salgado

Vida útil

18 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

283 kcal-1183 kj/100g

Graxa Bruta

17,5g/100g

Ácidos graxos saturados

6,3g/100g

Hidratos de carbono

<0,5g/100g

Azucres totais

<0,5g/100g

Proteína bruta

30,8g/100g

Sal (a partir de sodio)

5,1g/100g

Consumo

Consumo directamente