Xamón tradicional

O noso xamón tradicional Fontefría procede das pernas traseiras de porcos brancos galegos seleccionados e ten, polo menos, 11 meses de curación nas adegas propias de Cárnicas Fontefría.

 

Véndese en envase de 6,5 quilos aprox.

42.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

O xamón tradicional Fontefría procede de porcos brancos seleccionados e alimentados a base de cereais e leguminosas. A súa curación leva a cabo en nosa propia adega de forma tradicional durante 11 meses como mínimo.

Ten unha carne dunha cor púrpura-rosada así como un bo nivel de graxa infiltrada. A textura do noso xamón tradicional é homoxénea, pouco fibrosa e sen pastosidad nin reblandecimiento. Poderás gozar dun xamón tradicional de porco cun aroma agradable e característico e cun sabor delicado e pouco salgado.

Ingredientes: Xamón de porco, sal, conservantes (E252 e E-250) e antioxidante (E316). Este produto non contén glute nin lactosa, por iso está recomendado para persoas con intolerancias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

A nosa recomendación para a conservación desta peza é mantela nun lugar fresco e seco. A zona de corte protexerase con anacos de touciño para continuar o seu consumo noutra ocasión e que non se seque. Se o teu consumo é ocasional, recomendámosche que compres xamón Gran Reserva noutros formatos que temos dispoñibles na nosa tenda online.

Información adicional

Peso 6.5 kg
Sabor

Sabor delicado, pouco salgado

Vida útil

18 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

283 kcal-1183 kj/100g

Graxa Bruta

17,5g/100g

Ácidos graxos saturados

6,3g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,5g/100g

Azucres totais

<0,5g/100g

Proteína bruta

30,8g/100g

Sal (a partir de sodio)

5,1g/100g

Consumo

Consumo directamente