Chourizo pincho
O noso chourizo pincho é a mellor opción de aperitivo: sexan fritos ou na grella. Tamén é perfecto para elaborar os míticos chouriciños ao viño ou chouriciños á sidra.
Este chourizo está elaborado a base dunha óptima proporción de carne e touciño de porco seleccionado, á que se lle engade sal, pemento doce e outras especias naturais, seguindo a receta tradicional. Para a súa conservación, sométese a un proceso de secado e afumado curto con leña de carballo; o que lle aporta un sabor intenso e característico.
A bolsa de 3 kg tratase dun producto envasado en atmósfera modificada.
5.10€ – 57.20€ IVA incl.
envío 2-5 días
Descrición de produto
É un chourizo artesán que conserva o sabor da receita orixinal. Son perfectos para preparar receitas tradicionais como chouriciños ao viño ou á sidra, así como para facelos á grella.
Este embutido porcino é 100% natural e realízase a partir da mestura de carne de porco picada e touciño e/ou magro de porco. A continuación, engádese un preparado o sal, pemento doce e outras especias. Amásase e embútese en tripa natural. Unha vez embutido, sométese a un proceso de secado e afumado con leña de carballo para obter o noso saboroso chourizo pincho.
Podes comprar o noso chourizo pincho en diferentes formatos a un prezo inigualable e con total seguridade:
- Ao baleiro de 0,5 quilos
- En bolsa de 3 quilos
- En caixa de 6 quilos
Se o que buscas é outro tipo de chourizo, na nosa tenda online podes atopar unha gran variedade á túa disposición. Ademais doutros produtos cos que elaborar as túas receitas preferidas.
Características organolépticas:
Presentan unha resistencia firme á presión, non excesivamente duro nin brando e uniforme ao longo de toda a peza. Teñen unha cor vermella intensa punteado en branco avermellado debido á presenza de anacos de graxa pigmentados. En canto ao cheiro e sabor, pódese apreciar o afumado con leña de carballo.
Ingredientes:
Magro de porco, touciño, pemento, sal común, ourego, dextrosa, LACTOSA, dextrina de pataca, emulgentes E-451, E-450, potenciador E-621, conservador E-252 e colorante E-120. Tratamento da superficie da tripa E-200.
O chourizo pincho non contén glute, pero si lactosa, por iso é un produto non recomendado para persoas con intolerancia á lactosa segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.
Recomendacións de preparación:
Polo seu tamaño e sabor o chourizo pincho convértese na mellor opción de aperitivo, sexan fritos ou na grella. Podes comelos espetados ou simplemente cun anaco de pan e gozar do seu sabor.
Tamén son perfectos para preparar uns chouriciños ao viño ou á sidra.
Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.
Información adicional
Peso | 0.5-6 kg |
---|---|
Sabor | Característico do produto |
Vida útil | 4-6 meses |
Alérxenos | Sen glute e con lactosa |
Valor enerxético | 404 kcal-1673kj/100g |
Proteína bruta | 24,2g/100g |
Hidratos de carbono por diferencia | 3,6g/100g |
Graxa Bruta | 34,1g/100g |
Ácidos graxos saturados | 12,74g/100g |
Azucres totais | 2,4g/100g |
Sal (a partir de sodio) | 2,04g/100g |
Consumo | Cru ou cocido |