Tira de porco salgada

A tira de porco salgada é un ingrediente ideal para a realización de pratos tradicionais. Este produto apórtalle un extra de sabor que non pode faltar nos pratos da avoa (cocido galego, fabas, caldo  lentellas…). Só sometemos á salazón aquelas costelas de porcos brancos seleccionados por Cárnicas Fontefría, e sempre, segundo o proceso artesanal herdado, respectando o saber facer dos nosos antecesores.

 

Véndese en envase de 7 quilos aprox.

58.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

A tira de de porco salgada é un alimento cárnico porcino que provén da zona anatómica do torax e abdome. Só sometemos á salazón aquelas costelas de porcos brancos seleccionados baixo os estándares de calidade Fontefría, e sempre, segundo o proceso artesanal herdado, respectando o saber facer dos nosos antecesores. Posteriormente a sometemos a un proceso de salgadura e de repouso; respetando os tempos precisos para obter un produto óptimo. Podes consumila con total seguridade, xa que cumpre todos os nosos estándares de calidade e non contén esterno, nin cúmulos de graxa nin glándulas.

Servímola en caixas de 7 quilos aproximadamente.

Se buscas outros produtos cárnicos para completar a túa compra, tes unha ampla selección á túa disposición na nosa tenda online, como a orella, o morro, o rabo, a lingua, o pezuño ou a cacheira de porco.

Características organolépticas:

Presenta un aspecto limpo, sen elementos estraños (non contén esterno, nin cúmulos de graxa nin glándulas). Ten a cor característica da especie, sen indicios de coloracións e mantendo a súa frescura. De textura tersa, sen ser pegañento ao tacto e libre de cheiros estraños. En canto ao seu sabor, e carnoso, magro e suculento.

 

Ingredientes:

Costela de porco, sal común (antiaglomerante E536).

Non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Recomendacións de preparación:

A tira de porco salgada é un ingrediente ideal para a realización de pratos tradicionais. Con ela poderás elaborar un delicioso cocido galego, unhas fabas, un caldo ou unhas lentellas. Este produto apórtalle un extra de sabor que non pode faltar nos pratos da avoa. É recomendable desalgala antes de cociñala para quitarlle o exceso de sal.

 

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 7 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

201,48kcal-844,20kj

Graxa Bruta

13,21g/100g

Proteína bruta

20,64g/100g

Ácidos graxos saturados

2g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,1g/100g

Azucres totais

<0,1gr/100g

Sal (a partir de sodio)

16,48g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto