Pezuño de porco salgado

O pezuño de porco salgado que atopas na nosa carnicería online está listo para vender. Sometémolo a un proceso de lavado, aberto lonxitudinalmente ao medio, sen separarse totalmente. Posteriormente pasa pola salgadura, o sistema de conservación que herdamos dos nosos ancestros e que distingue aos nosos produtos.

 

Véndese en envase de 2 quilos aprox.

8.00 IVA incl.

envío 2-5 días

FAQ

Descrición de produto

Podes comprar pezuño de porco salgado na nosa carnicería online, Cumpre todos os estándares de calidade Fontefría, polo que adquires un produto de total confianza.

Para elaborar este produto, primeiro seleccionamos os porcos. Logo extraemos os pezuños, lavámolos e abrímolos lonxitudinalmente ao medio sen separar a peza totalmente. Sometémolos a un proceso de salgadura e de repouso, sempre baixo a nosa vixianza e respectando os tempos precisos en cada fase para obter un alimento de calidade. Así, conseguimos manter o saber facer e o sabor tradicional. Queremos engadirlle a cada produto o amor e paixón que puñan os nosos antecesores, e así, seguir coas receitas tradicionais herdadas.

Tes outros produtos cárnicos na nosa carnicería online para completar a túa compra. Unha selección de curados e elaborados porcinos ao teu dispor.

 

Ingredientes:

Pezuño de porco e sal común (antiaglomerante E536).

O pezuño de porco salgado que atopas na nosa tenda online non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.

 

Recomendacións de preparación:

Este ingrediente común na gastronomía tradicional galega é fantástico para facer os teus pratos de outono e de inverno como o desexado cocido galego ou pucheiros quentiños. O pezuño de porco salgado é un ingrediente versátil que pode acompañar tanto a legumes como verduras. Tamén podes elaborar infinidade de guisos. Pero antes de consumilas, debes desalgalos para quitarlle o exceso de sal.

Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.

Información adicional

Peso 1.5 kg
Conservación

Manter entre 4º e 8º C

Sabor

Característico do produto

Vida útil

8 meses

Alérxenos

Público en xeral

Valor enerxético

152,04kcal-637,05kj/100g

Graxa Bruta

5,82g/100g

Ácidos graxos saturados

0,67g/100g

Hidratos de carbono por diferencia

<0,1g/100g

Azucres totais

<0,1gr/100g

Proteína bruta

24,91g/100g

Sal (a partir de sodio)

18,38g/100g

Consumo

Destinado a consumir unha vez cociñado o produto